xoves, 15 de xaneiro de 2015

Compromiso preocupado polo estado do rio Tea

Durante a mañá de hoxe apareceu unha nova vertedura á altura da parroquia de Ribadetea, preto do centro hípico, o que atenta novamente contra o noso río.

Compromiso manifesta a súa preocupación polo estado do río Tea, que tan só meses despois da vertedura de Sosa Caústica en Mondariz , agora outra ameaza a saúde das augas do río. A estes focos temos que engadir os que  diariamente provoca o concello de Ponteareas, o non ter unha rede de saneamento en condicións, vertendo directamente o río en varios puntos.


“Dez anos despois da chegada ao goberno de Solla , os problemas coas verteduras incontrolados siguen ser cotiás. Non existe mantemento da rede de sumidoiros, control exhaustivo de puntos de vertido, nin nada. Só existe unha total despreocupación polo tema.”, manifestan os galeguistas.


Segundo Compromiso, dados os nefastos resultados das analíticas das praias durante a tempada de baño do 2014, só cabe agardar novos peches de praias públicas

Compromiso pide o concello que compareza neste asunto, e que elabore un informe , para esixir responsabilidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario