xoves, 12 de marzo de 2015

Compromiso aposta pola municipalización da recollida de lixo

Compromiso destapa un novo engano do Partido Popular en relación a renovación de colectores, asunto que o goberno do PP empregou en pasados días nos medios de comunicación.

O goberno vende á cidadanía a renovación dos colectores do lixo como un logro de xestión cando no contrato con FCC se establece que o nivel de reposición anual é dun 10/15%. Se temos en conta que o contrato é de dezaseis anos e que levamos oito anos de concesión, neste punto do contrato de concesión acadaríase a renovación case íntegra do inmobiliario, en non só dunha parte, aclara Sandra Araúxo, candidata á alcaldía por Compromiso.

Por outra banda, o goberno  tería que explicar qué vehículos e maquinaria van a cambiar, porque os camións con oito anos de servizo son xa propiedade do concello,  dado que se pagan na primeira metade do contrato. Se ditos vehiculos están en boas condicións non hai por qué comprar novos e pola contra si baixar o recibo dos veciños e veciñas, xa que a inversión inicial de FCC está amortizada.
Cando se formalizou o contrato con FCC a maquinaria era excesiva para o servizo, e se agora se pretende ampliar a máis;  tres novos camións parados e outras cinco camionetas para traslado de varredores e carriños..

Segundo Compromiso o PP podería ter rescatado o servizo dado que a empresa concesionaria segue incumprindo o contrato, ao non  prestar o mantemento de parques, xardíns e espazos verdes, limpeza de camiños, torreiros e espazos de praias, etc.
.
A candidata, Sandra Araúxo,  quere recalcar  que cun crecemento dun 70% do núcleo urbano dende o ano 1996, Ponteareas sigue a ter 5 varredores, polo que neste asunto se está prestando un servizo deficitario, mantendo limpas as arterias principais o resto das rúas manteñen un estado de limpeza e salubridade deplorable.

Dende Compromiso apostan por municipalizar os servizos, e traballarán a partires de maio por recuperalo, aforrando cartos, mellorando as prestacións e xerando emprego público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario