venres, 13 de marzo de 2015

Sandra Araúxo pide explicacións pola contratación dun dos interventores imputados en Vigo

Un dos interventores imputados en Vigo cobra preto de 2000 euros ao mes por vir un día a Ponteareas


Sandra Araúxo destapaba en novembro de 2013 a chapuza do goberno do PP, que por decreto de alcaldía o 21 do outubro mesmo ano acordaba  pagar a un  interventor por achegarse ata o Concello dous días á semana, un soldo equivalente ao 30% do que cobra no seu destino de Vigo, 1.757,40 euros, o que supón que se lle está a pagar por un importe total equivalente a 5800 euros ao mes, cifra que non percibe ninguén no Concello. Nin a tesoureira con praza en propiedade nin a Secretaria Xeral chegan a esa cifra.
Este interventor é un dos  imputados por nepotismo nas contratacións no caso Silva en Vigo, e leva máis de ano en medio traballando para o concello de Ponteareas, informa Compromiso.
Segundo a galeguista, Solla e Villar, en ningún momento xustificaron os motivos  desta contratación, nen o seu sobresoldo, có agravio comparativo que ten cós funcionarios municipais, aos que lle negan unha RPT, e uns salarios dignos, escusándose na situación económica do concello.
Compromiso espera que o interventor imputado de Vigo, actúase con total transparencia na súa xestión en Ponteareas, polo ben do concello e das arcas municipais.


Compromiso por Galicia solicita que por parte do goberno municipal se dean as explicacións oportunas e se xustifique de maneira clara cómo este interventor do Concello de Vigo foi contratado por acumulación de funcións en Ponteareas e a qué obedecen  as súas elevadas remuneracións, cando non foron quén nin de aprobas as contas do pasado ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario