mércores, 18 de marzo de 2015

Compromiso tacha de patética a actitude do alcalde do PP, Salvador González Solla, que rompe o pleno municipal sen apoiar as demandas xustas de PonteSolidario.

Sandra Araúxo, candidata de Compromiso, considera que o informe elaborado por PonteSolidario recolle medidas sociais que son básicas para os veciños e veciñas do noso municipio que se atopan en risco de exclusión social e a creación dunha mesa sectorial aberta onde se poda traballar coa aportación de todos e todas para sair desta situación de emerxencia social é unha ferramenta moi útil da que nos podemos dotar para que todo o mundo participe e aporte o seu gran de area neste asunto.

O PP buscou unha artimaña legal para rexeitar a proposta do colectivo. Artimaña que foi desmontada no mesmo pleno coa proposta que fixemos membros de Compromiso na que suxerimos que se aprobara a moción condicionada a creación do regulamento de funcionamento da mesa sectorial. Proposta que contou có visto e prace da Secretaria Municipal, pero Solla rexeitou, manifesta Araúxo.


Ante esta actitude de intransixencia do goberno, e de non dialogo , os galeguistas apoiaron a decisión de pecharse no salón de plenos do concello e permaneceron toda a noite nas dependencias municipais

Ningún comentario:

Publicar un comentario