domingo, 8 de marzo de 2015

PROGRAMA MARCO ELECCIÓNS MUNICIPAIS 24 DE MAIO DE 2015


“UNHA NOVA POLÍTICA MUNICIPAL PARA CONSTRUIR UN NOVO PAÍS DESDE OS CONCELLOS”

Preámbulo
No I Congreso de Compromiso por Galicia celebrado o pasado mes de Novembro de 2014 aprobouse o documento político “Unha nova política municipal para construír un novo país desde os concellos” que sirve como base para o presente programa marco para as vindeiras eleccións municipais do 24 de Maio.
Este documento constitúe como o seu propio nome indica un “programa marco” cunha serie de medidas e recomendacións cun carácter xenérico, que deberán ser en calquera caso desenvolvidas, adaptadas e complementadas polas medidas que se elaboren en cada unha das localidades nas que Compromiso se presente a estas eleccións. Debe prevalecer, en todo momento, o enfoque “de abaixo a arriba” de tal maneira que sexan os liñas e propostas nacidas no eido local as que configuren o eixe central de cada programa municipal .
As medidas incluídas neste Programa Marco aparecerán agrupadas en catro grandes grupos: transparencia e rexeneración democrática, xestión eficiente dos recursos públicos nos concellos, mellora do benestar e da igualdade e desenvolvemento económico local e sustentabilidade.

I.               REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA
Co fin de converter os concellos en institucións profundamente democráticas, participativas e transparentes, Compromiso fomentará a participación cidadá na vida municipal, pondo nas súas mans instrumentos que lle permitan expresar con axilidade a súa opinión e que esta  sexa tida en conta. Así mesmo implementaremos mecanismos que reduzan ao mínimo as posibilidades de que responsables políticas/os e funcionariado público poidan cometer prácticas corruptas, ou aproveitarse da súa situación de poder para actuar en beneficio propio ou partidista. Aínda así, seremos implacables contra aquelas persoas que a pesar de tódalas barreiras de contención que se poidan levantar para evitar estes comportamentos, acaben sendo suxeitos a acusación penal.

Todos estes serán obxectivos a conseguir mediante a adopción de, entre outras,  as seguintes medidas:
-          Dotar aos concellos dun regulamento de participación cidadá que, que no marco da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e aproveitando as oportunidades que nos brindan as novas tecnoloxías,  facilite ao máximo participación directa da cidadanía na vida municipal.
-          Dinamizar o tecido asociativo local, sendo totalmente respectuosos coa súa autonomía e distribuíndo as axudas en base a baremos obxectivos.
-          Regular a forma na que un determinado número de veciñas e veciños dun concello pode presentar e defender unha iniciativa popular que obrigatoriamente teña que ser tratada no pleno.
-          Darlle cobertura económica ás demandas da cidadanía mediante a posta en marcha de orzamentos participativos, que reserven unha porcentaxe do capítulo dedicado a inversións para realizar aqueles investimentos en infraestruturas ou servizos que, de xeito regulado, a cidadanía consideren prioritarios.
-          Utilizar a páxina web oficial do concello para facilitarlle a cidadanía de xeito claro toda a información relacionada coa institución municipal e cos seus cargos electos, co obxectivo de que as/os veciños/as saiban en todo momento cómo e en qué se invisten os recursos públicos, e quén son as persoas responsables de executar ese gasto.
-          Facer públicas as declaracións de actividades, ingresos e patrimonio de todo/as os/as concelleiros/as electos na corporación municipal.
-          O horario de celebración dos plenos e das comisións de goberno de cada concello escollerase co obxectivo de facilitar a asistencia da cidadanía aos mesmos. A maiores e co fin de que estes poidan ter o maior coñecemento dos acordos que se toman no máximo órgano de decisión, as sesións plenarias serán gravadas e difundidas a través da páxina web do concello como mínimo en tódolos municipios.
-                 Exposición pública de actas (plenos e xuntas de goberno local), orzamentos, liquidacións e todo aquel documento con tal consideración.
-          Establecer a poxa pública, a ser posible en formato electrónico, como método preferente de adxudicación de obras e servizos, fronte a outros procedementos que facilitan prácticas corruptas, como é o caso da adxudicación directa, ou os concursos negociados. Establecendo en todo caso sistemas de valoración matemáticos ou obxectivos nos procesos de adxudicación de obras e servizos. Limitando dentro das posibilidades da lei os supostos de xustificación de baixas desproporcionadas.
-          Incluír nos pregos de adxudicación que as novas contratacións de persoal que realicen as empresas privadas, en calidade de adxudicatarias dun servizo público, terán que facelas baixo os criterios de publicidade igualdade e mérito.
-          Tanto nas mesas de contratación de obras e servizos como nas de persoal, facilitarase a presenza de representantes veciñais, asociacións empresariais e sindicatos, garantido ao máximo a publicidade e a limpeza do procedemento.
-          Ao comezo da lexislatura aprobarase un código ético vinculante para as/os representantes políticas/os de tódolos grupos municipais, que entre outras obrigas estableza a de dimitir no caso de resultaren acusadas por un órgano xudicial.
-          Eliminar a contratación de asesores de xeito permanente durante o mandato, limitándose a aspectos puntuais nos que non exista un perfil técnico acaído para a súa xestión entre os empregados públicos da administración local.
-          Tendo en conta que as Deputacións provinciais son en Galicia as institucións máis antidemocráticas, máis obscurantistas e máis caciquís, ademais de profundamente ineficaces, Compromiso defenderá a súa eliminación como unha medida de rexeneración democrática e de racionalización do gasto público. Pero como somos conscientes de que isto, que sería o desexable, non se vai producir a curto prazo e que polo tanto na vindeira lexislatura van seguir existindo, en coherencia coa análise crítica que facemos destas institucións  que forman parte da administración local, Compromiso por Galicia comprométese a non participar nas corporacións provinciais, independentemente da representación que nos puidera corresponder en función dos resultados electorais acadados nas eleccións municipais.

II.             XESTIÓN EFICIENTE DOS RECURSOS PÚBLICOS NOS CONCELLOS
Sendo conscientes das dificultades económicas que padecen a práctica totalidade dos concellos de Galicia, derivada dunha deficiente financiamento e da prestación de múltiples competencias impropias, é preciso a aprobación dunha nova Lei de Administración Local que reforce a autonomía local, clarexe o mapa competencial e dote de maiores recursos as facendas locais.
En Compromiso tamén temos claro que non sempre por parte das/os responsables municipais se xestionaron con eficacia os recursos dos que dispuxeron os concellos nos últimos anos, polo que consideramos necesario pór en marcha unha nova cultura política tamén á hora de xestionar os recursos públicos, desterrando as prácticas de clientelismo ou que só buscan o rédito electoral, así como os investimentos en infraestruturas ou servizos innecesarios ou mal dimensionados, que non teñen un mínimo retorno social nin melloran en nada a calidade de vida da cidadanía, pero que teñen consumido infinidade de recursos públicos. Para acadar estes obxectivos poremos especial empeño na nosa labor institucional nos concellos, para que:
-                 Apostar por uns servizos á cidadanía áxiles, eficaces e eficientes: axilizar trámites burocráticos (posibilidade de facer solicitudes a través da web) par unha pronta resposta á cidadanía (certificados, licencias, .....)
-          Tanto o proxecto de orzamentos como as contas municipais deberán ser aprobados en tempo e forma.
-          Sexa obrigatorio realizar un estudo de rendibilidade social e sostibilidade económica e medioambiental para tódolos investimentos que superen os 200.000 €.
-          Como norma xeral a totalidade dos servizos municipais sexan xestionados de xeito directo polos concellos ou a través de sociedades de economía mixta. En especial os que teñen que ver co tratamento do lixo, a xestión integral da auga e os servizos sociais. Polo tanto aqueles que na actualidade estean externalizados no momento de acabar a súa concesión administrativa, recuperaranse para a xestión pública si unha adecuada avaliación técnica acredita o mantemento ou mellora da calidade na prestación do servizo a un custe asumible para o concello.
-          As facturas a entidades provedoras e prestadoras de servizos aos concellos se paguen dentro dos límites establecidos pola lei.

III.            MELLORA DO BENESTAR E DA IGUALDADE
A prestación de servizos públicos que cubran as necesidades básicas da cidadanía, atendendo ás necesidades de colectivos concretos e que aposten ademais pola igualdade de xénero,  contribúen no seu conxunto a mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas. Para acadar este obxectivo, Compromiso impulsará desde os concellos a posta en marcha, como mínimo, das seguintes iniciativas:
-          Establecer como principio que o primeiro son as persoas e, polo tanto, a cobertura das súas necesidades é prioritaria fronte á construción de novos equipamentos e servizos, sobre todo daqueles que non estean destinados a cubrir as necesidades básicas da poboación, ou a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.
-                 Priorizar a atención a persoas e familias sen recursos (reforzo escolar, orientación laboral,....), coordinación e colaboración con entidades de carácter “social”, bancos de tempo, intercambio de servizos, etc
-                 Atención á discapacidade : accesibilidade (construcións, rúas), colaboración e coordinación con entidades de atención á persoas con discapacidades, emprego (garantirase o cumprimento da taxa de persoas con discapacidade empregadas no concello).
-                 Aprobación do Plan municipal de vivenda; establecemento de IBI reducido ou exento para vivendas sociais e ampliado para vivendas baleiras en propiedade de entidades bancarias. Axudas para que os mozos e moza poidamos independizarnos. Nas cidades universitarias, a creación de vivendas para estudantes con alugueiros baixos.
-                 Fomentar e garantir o uso da linguaxe e imaxes inclusivas en calquera actividade realizada dende o concello de xeito que mulleres e homes sempre teñan a mesma presenza.
-                 Promover a participación activa das mulleres na vida do concello, mantendo o equilibrio entre sexos en todos os niveis dos procesos de toma de decisións.
-                 Favorecer o espírito emprendedor e a actividade empresarial das mulleres; e consolidar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral, apoiando medidas privadas e públicas que faciliten o acceso das mulleres a empregos de calidade e a súa estabilidade e desenvolvemento profesional. Crear un plan de acción ao desenvolvemento profesional e económico das mulleres rurais, en colaboración co resto de administracións públicas.
-                 Desenvolver un programa de prevención e tratamento da violencia de xénero destinado á conciencia social e á formación de profesionais da educación, servizos sociais, sanitarios, e corpos e forzas de seguranza do concello. O programa será elaborado a partir das demandas e necesidades detectadas por parte das usuarias dos dispositivos de igualdade así como da experiencia acumulada dos mesmos; e sempre tendo en conta os recursos e medidas dispoñibles dende o resto de administracións públicas.
-                 Fomento do uso do galego en tódolos ámbitos do concello, tanto a nivel da administración local como noutros eidos (empresarial, social e cultural, etc...).

IV.            DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO LOCAL E SUSTENTABILIDADE
A aposta para o desenvolvemento económico debe partir sempre das características e potencialidades de cada concello. O coñecemento das mesmas e a súa valoración posterior son por tanto elementos fundamentais en calquera estratexia de desenvolvemento económico que, ademais, debe ser sustentable dende o punto de vista medioambiental. Evidentemente non é o mesmo á realidade económica, nin as políticas que se poden desenvolver dende o concello, no caso dos concellos rurais en comparación coas zonas urbanas. A continuación incluímos unicamente algunhas medidas marco que logo deberán ser matizadas e adaptadas a cada unha das realidades concretas:
-        Creación, se non existe, dunha Axencia de Desenvolvemento Local, dotada de recursos humanos e técnicos para apoiar a actividade empresarial e produtiva no concello. Esta axencia prestará servizos de asesoramento empresarial, apoio económico a novas actividades, etc.
-        Apoio decidido ao tecido comercial e empresarial do ámbito local, co obxectivo de fomentar o dinamismo económico e a creación de emprego no entorno máis próximo á cidadanía. Exercendo a defensa activa da pequena e mediana empresa galega, así como dos traballadores autónomos, promovendo os cambios normativos dirixidos a garantir o cobro de obras e servizos de competencia municipal, executados mediante réxime de subcontratación.
-          Completar a rede de saneamento alí onde non existe e procurar un correcto funcionamento da mesma.
-          Colaboración coas comunidades de montes e con propietarios particulares do monte para a súa xestión eficiente e sostible; mantemento de accesos, creación de roteiros, e loitas contra os incendios.
-          Xestión dos residuos alternativa á incineración (puntos limpos, promoción reciclaxe e compostaxe, actividades concienciación,...),
-          Promoción e potenciación do transporte público. Nos concellos rurais procura de acordos para compatibilizar o uso para transporte escolar con outros usos.
-          Aposta por unha rede de “carriles-bici” en cada concello.

-          Aprobación de forma participativa, se non existe, dun PXOUM racional e acaído ás necesidades do concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario