martes, 10 de marzo de 2015

Compromiso ; Solla volve a mentir có PXOM

Compromiso por Galicia non cree a palabra de Solla, e pensan que o goberno do PP non vai aprobar o PXOM neste mandato.

“Salvador González Solla, con respecto a aprobación do Plan Xeral. Xa é hora de que mude de retrouso porque ten aburrido os veciños e veciñas. Cada dous meses conta a mesma cantinga, que o PXOM se aprobará en breve “, ironizan Sandra Araúxo.. 

A estas alturas dez anos despois de que Solla desgoberne o concello de Ponteareas, logo dunha moción de censura, na que argumentara a súa necesidade para aprobar o PXOM, as súas promesas xa non teñen validez, porque os veciños xa saben que é un mentireiro, a agora para agochar a súa incapacidade volve a reiterar que aprobara o plan cando le cheguen os informes da consellería, manifesta a candidata de Compromiso.

Compromiso pensa que o plan xa lle corresponde aprobalo á corporación vindeira, polo ben do pobo, e do seu progreso, porque non se pode aprobar cós erros, eivas e barbaries que ten o documento inicial do PXOM de Ponteareas. Erros no cálculo da poboación, o que deriva nunha suposta necesidade de vivenda de nova creación. Partindo de datos non reais nin realistas créanse unha expectativas falsas coa única intención e incrementar a superficie urbana e con isto pasar o peto dos impostos e que os veciños apanden cos despilfarros dos seus dez anos de desgoberno.  

Cando todos os datos publicados polos diferentes institutos estatísticos falan dun envellecemento e perda de poboación para o 95% dos concellos galegos, entre eles Ponteareas, resulta difícil de entender que intenten levar adiante un Plan que contempla un crecemento nos próximos dez anos de 11.000 persoas, cando para a Provincia de Pontevedra, nese mesmo período de tempos se contempla unha perda de 35.000 habitantes.

“Solla asegura que só falta informe de patrimonio, os mesmos argumentos que leva empregando cada dous meses e que todas as alegacións están resoltas, cando os afectados e afectadas non teñen ningún tipo de comunicación”,manifestan os galeguistas.

Araúxo comprométese a partires de maio, a arranxar a barbarie que plantexa o PXOM de deixar fora de ordenación centos de vivendas,  nunha situación de indefensión total e de perda de valor catastral. A maior parte dos edificios do casco urbano quedan fora de ordenación, “salvo honrosas excepcións”, de maneira aleatoria e discriminatoria, dependendo de quen sexa o seu propietario, vulnerando o principio de equidistribución.


 “Non podemos hipotecar o futuro do concello, con un plan que esquece o noso patrimonio e que pretende destruír unha fonte de riqueza ambiental e económica como é o río Uma” , manifesta Sandra Araúxo, candidata de Compromiso á alcaldía de Ponteareas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario